O área de Formación e Emprego busca facilitar a inclusión socio-laboral das persoas usuarias na empresa ordinaria.
A formación laboral e a metodoloxía de emprego con apoio, a través da figura do preparador/a laboral, ofrecen o soporte necesario as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, as súas familias e as empresas, para unha inclusión laboral plena no mercado ordinario de traballo.