Teima Down Ferrol

Que é TEIMA DOWN FERROL?

Somos unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1994.

A nosa razón de ser é mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da comarca de Ferrolterra, buscando a plena inclusión social a través dos recursos comunitarios ordinarios.

Polo tanto, a maior parte das intervencións que levamos a cabo en TEIMA realízanse nas escuelas infantís, centros educativos, empresas, rúa, transportes inter e intraurbanos, e en tódalas contornas onde sexa necesario xerar oportunidades para incluir dunha maneira efectiva as persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.