Teima Down Ferrol

ATENCIÓN TEMPERÁ

O programa de Atención Temperá favorece o desenvolvemento motor, cognitivo, social e da linguaxe dos bebés nos seus primeiros anos de vida, ao tempo que apoia e orienta as súas nais e pais para fomentar a súa autonomía na contorna familiar.

Consideramos ao neno ou nena na súa globalidade e temos moi en conta as súas necesidades biolóxicas, interpersonais e  psicosociais, pero tamén as da súa contorna, axudando a que sexa acolledora e competente, facilitando a autonomía do bebé e a súa inclusión familiar e social.

Ligazóns de interese: