Teima Down Ferrol

ÁREAS DE ACTUACIÓN

O Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) de Down Ferrol Teima parte dun modelo ecolóxico e sistémico de intervención global e integral, entendendo que a persoa forma parte de distintos sistemas ou contornas que teñen que ser o máis competentes posible para favorecer a súa inclusión. Ao mesmo tempo, o SEPAP está articulado en diferentes programas deseñados para mellorar e desenvolver o funcionamiento individual das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Unha vez identificadas as necesidades, achéganse os apoios necesarios para incrementar en cada individuo a súa autonomía, independencia e a súa inclusión na vida familiar, escolar, laboral e/ou comunitaria.

Preténdese facilitar o desenvolvemento integral das persoas, afianzando a súa madurez persoal mediante a adquisición de hábitos e capacidades que les permitan participar coma fillos, escolares, ciudadáns e traballadores responsables en tódolos ámbitos comunitarios comúns. Estes programas están pensados para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual de calqueira idade que presenten limitacións nas áreas de habilidades adaptativas. 

Os distintos programas de intervención articúlanse dun modo totalmente individualizado e personalizado, en función das necesidades das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual e das súas familias.