Teima Down Ferrol

FORMACIÓN PRELABORAL E ESTIMULACIÓN COGNITIVA 2019-2020

Nome do proxecto: Formación prelaboral e estimulación cognitiva de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Contía da achega: 48.220,86 €

Breve descrición do proxecto: A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado daquela formación e recursos de apoio que máis se adecúen ás necesidades de cada persoa para garantir a estimulación e mellora das súas capacidades e competencias cognitivas.

En total, beneficiaranse do proxecto un total de 47 participantes das áreas de Santiago, Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ferrol.

Obxectivo xeral do proxecto: Mellorar e exercitar as funcións cognitivas nas persoas participantes como base para lograr unha mellora do desenvolvemento das actividades da vida cotiá, da autonomía, das habilidades prelaborais e da participación na comunidade

Close Menu