Camiño .

"Queremos ser parte, non estar aparte. Camiñar sen preguntar..."

Camiño Teimudo é a maneira na que queremos celebrar o noso 25 aniversario, sendo unha metáfora do camiño avanzado durante este tempo.

Para celebralo queremos recoñecer co distintivo do Camiño Teimudo a aqueles espacios que nos axudaron a avanzar estes anos, facilitando a inclusión e poñendo de relevo a nosa labor. Institucións, empresas, locais de ocio, persoas… camiñan da man con Teima axudándonos a atravesar os charcos que nos fomos atopando

Pero este “camiño” non remata aquí. Queremos seguir avanzando e sumando pegadas ao noso percorrido.  Ao longo deste ano iremos marcando as paradas co noso distintivo, sinlizando os lugares e axentes que nos axudan a crear unha sociedade máis inclusiva.

Acompáñanos na nosa viaxe!